MICROSCOPE
MICROSCOPE / Microsatellite à traînée Compensée pour l'Observation du Principe d'Equivalence | |
---|---|
Tipo | Científico |
Organización | CNES |
Data de lanzamento | 25 de abril de 2016[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz-ST-A Fregat-M[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kourou[2][4][5] |
Obxectivo da misión | Experimento físico.[2][4][5] |
NSSDC ID | 2016-025B |
Masa | 303 kg[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7085 km[1] |
Inclinación | 98,3°[1] |
Apoapse | 715,5 km[1] |
Periapse | 714,4 km[1] |
MICROSCOPE, acrónimo de Microsatellite à traînée Compensée pour l'Observation du Principe d'Equivalence, foi un satélite artificial do CNES francés lanzado o 25 de abril de 2016 mediante un foguete Soiuz-ST-A Fregat-M desde o Centro Espacial de Kourou.[1][2][4][5][3]
Características
[editar | editar a fonte]MICROSCOPE tiña nunha masa de 303 kg e baseábase no bus Myriade. A súa misión era comprobar o principio de equivalencia cunha precisión dunha parte sobre 1015, para o cal usaba o experimento T-SAGE, consistente en dúas masas cilíndricas concéntricas, unha de titanio e outra de platino e rodio. As masas quedaban suspendidas no interior do satélite, que manobraba coidadosamente mediante propulsores de nitróxeno, sendo monitorizadas e controladas por acelerómetros electrostáticos. Se o principio de equivalencia se cumpre, as dúas masas sentirían a mesma aceleración e non sería necesario axustalas para que permaneceran concéntricas. Se, polo contrario, non se cumprira, os acelerómetros terían que axustar as masas. O non cumprimento do principio de equivalencia suporía unha revolución na física, xa que está na base da relatividade xeral de Einstein.[1][2][4][5][3]
Resultados
[editar | editar a fonte]MICROSCOPE finalizou a súas misión en outubro de 2018 ao agotarse as reservas de nitróxeno para manobrar. O satélite vai usar un sistema innovador para acelerar a súa reentrada, consistente en dous mastros inflables de 4,5 m de longo que despregou ao final da misión e que provocarán a súa reentrada en 25 anos en lugar dos 73 que tardaría sen usar os mastros.[6] MICROSCOPE finalmente confirmou o principio de equivalencia coa precisión esperada.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "MICROSCOPE" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "MICROSCOPE" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 27 March 2017 from the Permanent Mission of France to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (17-05522 (E)). 1 de agosto de 2017: 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xullo de 2023. Consultado o 8 de xullo de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "MICROSCOPE" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2023.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2023). "MICROSCOPE" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2023.
- ↑ CNES, ed. (18 de outubro de 2018). "End of mission for Microscope - CNES’s satellite bows out with successful and innovative de-orbiting" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2023.
- ↑ CNES, ed. (13 de setembro de 2022). "Final results of MICROSCOPE mission achieve record levels of precision" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2023.