Familia Trivulzio
Familla Trivulzio | |
Brasón familiar | |
| |
Brasonamento | Barras de ouro e sinople |
---|---|
Périodo | Séculos XI a XIX |
Orixe | Lombardía |
Feudos | Melzo, Borgomanero,
Retegno, Castel Tidone, Cologno, Omate |
Cargos | Gobernador de Lión Deputado en Sardeña |
Funcións militares | Mariscal de Francia Xeneral Lugartenente |
Funcións eclesiásticas | Bispo, Cardeal Camerlengo |
A familia Trivulzio foi unha das grandes familias nobres de Milán e Lombardía.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixinaria da actual provincia de Pavia, derivada en particular da cidade de Trivolzio da que tomou o apelido, a familia Trivulzio ocupaba numerosos feudos (Melzo, Borgomanero, Retegno, etc.), e os seus primeiros membros aparecen en rexistros dende o século XI. A familia alcanzou o seu apoxeo na segunda metade do XVI, na época dos Sforza, cuxo ascenso favoreceron, e aos que os Trivulzios traizoaron cando entraron ao servizo dos reis de Francia.
Os edificios históricos vinculados aos Trivulzio son numerosos e espallados por un vasto territorio. Entre eles, o palacio homónimo sito en Milán, na Piazza Sant'Alessandro, que foi sede da biblioteca e colección Trivulzio, agora no Castelo Sforzesco. Neste pazo naceu Cristina Trivulzio Belgiojoso, coñecida en Francia como princesa Christine de Belgiojoso.
Membros célebres
[editar | editar a fonte]- Antonio III Trivulzio, maior (1457-1508), cardeal.
- Jacques de Trivulce (1440-1518), condottiero, político, mecenas.
- Antonio IV Trivulzio;(it) (-1519), bispo de Asti.
- Scaramuccia Trivulzio (1465-1517), cardeal.
- Théodore de Trivulce (1458-1532), mariscal de Francia
- Pomponio Trivulce, (finado antes de 1539), sobriño do anterior, 8º gobernador de Lión.
- Agostino Trivulzio (1485-1548), cardeal.
- César Trivulce (circa 1495-1548) bispo de Côme e bispo de Apt
- Antonio Trivulzio, iuniore (1514-1559), cardeal.
- Carlo Emanuele Teodoro (1577-1605), conde de Melzo, marido de Caterina Gonzaga.
- Giangiacomo Teodoro Trivulzio, (1597-1656), cardeal.
- Ippolita Trivulzio, (1600-1638), princesa de Mónaco.
- Cristina Trivulzio Belgiojoso, (1808-1871) editora dun xornal revolucionario, escritora e xornalista.
- Giorgio Pallavicino Trivulzio (1796-1878), patriota italiano.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Familia Trivulzio |
A Galipedia ten un portal sobre: Historia |
A Galipedia ten un portal sobre: Francia |