Saltar ao contido

Joey Graham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 28 de marzo de 2013 ás 21:46 por Addbot (conversa | contribucións) (Bot: Retiro 7 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q2720230)
Joey Graham
Posición Escolta/Aleiro
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 11 de xuño de 1982 (42 anos)
Illinois Wilmington, Delaware
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 104 kg (230 lb)
Información da carreira
Universidade Central Florida (2000–2002)
Oklahoma State (2002–2004)
NBA Draft 2005 / Rolda: 1 / Elección: 16
Por Toronto Raptors
Carreira dende 2005
Historial de equipos
Toronto Raptors (2005-2009)
Denver Nuggets (2009-2010)
Cleveland Cavaliers (2010-2011)
Información en nba.com

Joseph "Joey" Graham, nado o 11 de xuño de 1982 en Wilmington, Delaware, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Cleveland Cavaliers da NBA.

NBA

Graham foi seleccionado na 16ª posición do Draft da NBA de 2005 polos Toronto Raptors. Comezou a súa tempada coma rookie coma titular, xogand de aleiro. Despois de cinco partidos, foi apartado do equipo titular por Morris Peterson. Acadou 6.5 puntos por encontro nesta tempada.

O 29 de outubro de 2007, os Raptors ampliaron o contrato de Graham por dúas tempadas máis.[1]

Na tempada 2008-09, Graham fixo as súas mellores marcas en puntos (7.7) e en rebotes (3.7) por partido, e igualou a marca de minutos xogados por partido. Ademais, o 4 de febreiro de 2009 fixo a mellor anotación da súa carreira, con 24 puntos, ante os Los Angeles Lakers. Igualou dita marca seis días máis tarde contra os Minnesota Timberwolves.

O 25 de setembro de 2009, Graham asinou un contrato dun ano cun valor de 885.000 dólares cos Denver Nuggets.[2][3]

O 30 de xullo de 2010, Graham asinou un contrato de dous anos cos Cleveland Cavaliers.[4] O 9 de decembro de 2011, foi cortado polos Cavs, e pasou a ser axente libre.

Notas

  1. Raptors exercise 4th year option on Joey Graham, insidehoops.com, 29 de outubro de 2007, consultado 29 de outubro de 2007.
  2. http://www.realgm.com/src_wiretap_archives/61774/20090925/denver_to_sign_joey_graham/
  3. Hochman, Benjamin (25 de setembro de 2009). "Nuggets add Graham to roster". Denver Post. 
  4. "Cavaliers sign free agent Joey Graham". Associated Press. 30 de xullo de 2010.

Véxase tamén

Ligazóns externas