Saltar ao contido

Iria Aboi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 17 de agosto de 2010 ás 15:34 por Estevoaei (conversa | contribucións) (+ imaxe)

Iria Aboi Ferradás, nada en Marín en 1982, é a secretaria xeral de Galiza Nova.

Traxectoria

Milita no BNG dende os 14 anos. Ocupou postos de responsabilidade nos Comités Abertos de Estudantes (CAE) e nos Comités Abertos de Faculdade (CAF). É membro do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego desde 2006. Foi parte da Dirección Nacional de Galiza Nova e pertence á Unión da Mocidade Galega.

Foi elixida como secretaria xeral de Galiza Nova na décima asemblea nacional desa organización, celebrada o 30 de marzo de 2007, na que se enfrontaron dúas candidaturas: unha de coalición Isca - Esquerda Nacionalista-Mocidade, Encontro Irmandiño con independentes (que levaba como número cinco ao anterior secretario xeral, Xosé Emilio Vicente Caneda) e a encabezada por Iria Aboi composta por membros da UMG e militantes independentes, que recibiu o 60 % dos votos (177 fronte a 111).

Na XI Asemblea Nacional, que tivo lugar do 24 ao 25 de outubro de 2009, resultou reelixida no cargo con 184 votos a favor (57,5 % dos emitidos).

É a primeira muller en acceder a este posto.