Saltar ao contido

Clemente XIII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 3 de setembro de 2011 ás 09:30 por Luckas-bot (conversa | contribucións) (r2.7.1) (Bot: Engado: be-x-old:Клімэнт XIII)

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Modelo:PapS-XVIII

Clemente XIII

Carlo della Torre dei Rezzonico (Venecia, 7 de marzo 1693-Roma, 2 de febreiro 1769), elixido papa o 6 de xullo de 1758 baixo o nome de Clemente XIII (en latín Clemens XIII, en italiano Clemente XIII).

Malia a humildade e a afabilidade do seu carácter dereito e moderado, púdico ao exceso (fixera recubrir de follas de figueira fabricadas en serie as esculturas clásicos do Vaticano) e xeneroso coa súa vasta fortuna persoal, o pontificado de Clemente XIII foi enturbado polas presións continuas que intentaban facer sobre el os medios franceses influídos polo espírito das Luces, para que suprimise os Xesuítas. Unha resistencia máis inesperada veu das cortes as menos levadas ao progreso, as de España, das Dúas Sicilias e de Portugal. En 1758, o ministro reformador de Xosé I de Portugal (1750-1777), o Marqués de Pombal , expulsou os xesuítas de Portugal e despachounos en masa en Civitavecchia, como «regalo para o Papa». En 1760, Pombal despediu a Roma ao nuncio apostólico e chamou o embaixador de Portugal.

Canonizacións

Durante o seu pontificado canonizou a Xerome Emiliani (1767), a Xosé de Calasanz (1767), a Xosé de Cupertino (1767), Xoana de Kety (1767) e Xoana de Chantal (1767).