Google Chrome

4,1
44,9 M recensións
10.000 M+
Descargas
Clasificación de contido
USK: todas as idades
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla

Acerca desta aplicación

Google Chrome é un navegador web rápido, seguro e fácil de usar deseñado para Android. Chrome inclúe artigos de noticias personalizadas, ligazóns rápidas aos teus sitios favoritos e descargas, ademais de ter a Busca de Google e o Tradutor de Google integrados. Descárgao agora para gozar da experiencia que ofrece o navegador web Chrome que tanto che gusta en todos os teus dispositivos.

Navega rápido e escribe menos. Escolle algún dos resultados de busca personalizados que aparecen de forma instantánea mentres escribes, e explora rapidamente as páxinas web que xa visitases. Completa formularios rapidamente grazas á función de autocompletar.

Navegación no modo de incógnito. Usa o modo de incógnito para navegar por Internet sen gardar o teu historial. Navega de forma privada en todos os teus dispositivos.

Sincroniza Chrome nos teus dispositivos. Ao iniciar sesión en Chrome, sincronízanse automaticamente os marcadores, os contrasinais e a configuración en todos os teus dispositivos. Podes acceder facilmente a toda a túa información desde o teu teléfono, tableta ou ordenador portátil.

Accede ao teu contido favorito cun toque. Chrome non só permite utilizar con rapidez a Busca de Google, senón que está deseñado para que poidas acceder ao teu contido favorito cun só toque. Podes tocar os teus sitios favoritos de noticias ou as redes sociais na páxina de nova pestana. Chrome tamén permite utilizar na maioría das páxinas web a función Tocar para buscar. Podes tocar calquera palabra ou frase para iniciar unha busca de Google sen saír da páxina que esteas vendo.

Protexe o teu teléfono coa Navegación segura de Google. Chrome inclúe a Navegación segura de Google, que protexe o teu dispositivo ao mostrarche advertencias cando tentas navegar por sitios perigosos ou descargar ficheiros que poidan poñer en risco o dispositivo.

Descarga contido rapidamente e desfruta de páxinas web e vídeos sen conexión Chrome ten un botón especial para as descargas, polo que podes descargar facilmente vídeos, imaxes e páxinas web completas cun só toque. Tamén inclúe unha función que che permite acceder a todo o contido que descargues aínda que non teñas conexión.

Busca por voz de Google. Chrome é un navegador web co que podes falar. Utiliza a voz para atopar respostas esteas onde esteas sen ter que escribir nada. Deste xeito, podes navegar máis rápido utilizando a voz desde calquera lugar e en calquera momento.

Tradutor de Google integrado: podes traducir rapidamente páxinas web completas. Chrome inclúe o Tradutor de Google, que che permite traducir páxinas web completas ao teu idioma cun só toque.

Recomendacións personalizadas intelixentes. Chrome ofrece unha experiencia adaptada aos teus intereses. Na páxina de nova pestana, atoparás artigos seleccionados por Chrome en función do teu historial de navegación.
Última actualización
23 de abr. de 2024

Seguranza dos datos

A seguranza pasa por entender como recompilan e comparten os teus datos os programadores. As prácticas relacionadas coa seguranza e a privacidade dos datos utilizadas poden variar en función do uso, a rexión e a idade. O programador facilitou esta información e pode modificala co paso do tempo.
Non se comparten datos con terceiros
Máis información sobre como fan os programadores declaracións acerca dos datos que comparten
Esta aplicación pode recompilar estes tipos de datos
Localización, Información persoal e 7 máis
Encríptanse os datos en tránsito
Podes solicitar que se eliminen os datos
Revisión de seguranza independente

Valoracións e recensións

4,1
42,9 M recensións
Chokdee Kedarim
5 de abril de 2024
VPLAY
1 persoa considerou que esta recensión é útil
Pareceuche útil?
Angela María Cervera Rivas
5 de marzo de 2024
Muy buena
2 persoas consideraron que esta recensión é útil
Pareceuche útil?
Jesús
27 de xaneiro de 2024
Non podo desinstalala. Bloatware. Incluso sen utilizalo, gasta gran cantidade de recursos do dispositivo ralentizándoo e facendo que a batería se gaste máis axiña ademais de ocupar innecesariamente espazo de almacenamento.
6 persoas consideraron que esta recensión é útil
Pareceuche útil?

Novidades

Grazas por escoller Chrome. Este lanzamento inclúe melloras de rendemento e de estabilidade.