Saltar ao contido

Río Escalda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Escalda
Imaxe
Tiporío principal Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
País da cuncaFrancia Editar o valor en Wikidata
División administrativaAisne, Francia, canton of Le Catelet, Francia (en) Traducir e arrondissement of Saint-Quentin, Francia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónMar do Norte Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 49°59′13″N 3°15′59″L / 49.9869, 3.2664
51°25′51″N 3°31′44″L / 51.4308, 3.5289
Afluente
35
Conca hidrográficaScheldt basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Tamaño355 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica35.500 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal120 m³/s Editar o valor en Wikidata
O Escalda ao seu paso por Anveres

O río Escalda[Cómpre referencia] (en neerlandés Schelde, en francés Escaut, en alemán Schelde, en inglés Scheldt) é un río que nace en Francia, atravesa Bélxica e desemboca no mar do Norte, en territorio dos Países Baixos.

O río desempeñou un papel determinante no desenvolvemento político e económico da zona, no que hoxe é Flandres, Brabante e Hainaut.

Orixínase en Gouy, no departamento de Aisne, no norte de Francia. Diríxese cara ao noroeste e pasa polas cidades de Cambrai e Valenciennes; máis abaixo atravesa a fronteira con Bélxica e baña as cidades de Tournai e Gante. En Gante úneselle o río Lys, o seu principal afluente pola esquerda. Desde aquí diríxese cara ao leste. Preto de Anveres, a maior das cidades no seu curso, o Escalda diríxese cara ao oeste, penetra nos Países Baixos e finalmente desemboca no mar do Norte. Ten unha lonxitude de 355 km.

A súa desembocadura mariña ábrese nun amplo estuario de varios quilómetros de anchura, onde os seus depósitos sedimentarios deron orixe a unha riqueza ecolóxica pouco común.

O Escalda, polo seu escaso desnivel, é un río lento, de pouca potencia de fluxo. Por iso as mareas fanse sentir ata unha distancia de 160 km desde a súa desembocadura no mar. Son moi importantes os diques realizados en Zelandia (Países Baixos) para protexer as terras das inundacións das mareas e dos temporais.

Ao longo do seu curso e o dos seus principais afluentes construíronse uns 250 diques e esclusas, entre os que podemos citar a Scarpe, a Lys e a Sensée.

O río Escalda é navegable desde a cidade francesa de Cambrai e constitúe unha importante vía de navegación, sendo o porto de Anveres o segundo en importancia de Europa. Varias canles, incluído o canle Alberto, conectan o Escalda coas concas dos ríos Rin, Mosa e Sena, e coas áreas industriais de Bruxelas, Liexa, Lille e Mons.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.