Saltar ao contido

Manuel Fernández Amado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Fernández Amado
Biografía
Nacemento14 de maio de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor en Wikidata - 1982 Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Club Deportivo Castellón
- RCD Espanyol
- Celta de Vigo Editar o valor en Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
-   Cataluña Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosManuel Fernández Anidos Editar o valor en Wikidata

Manuel Fernández Amado, nado en Ferrol o 14 de maio de 1950, é un ex-futbolista e adestrador galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou xogando na SCDR Galicia de Caranza, e en 1968 ficha polo Arsenal Club de Fútbol, un histórico equipo de Ferrol que daquela estaba en divisións galegas. En 1970 ficha polo Racing de Ferrol, na altura en Segunda división. Ao ano seguinte pasa ás filas do Celta de Vigo, co que fai o debut en primeira división o 19 de xaneiro de 1972. En 1975 ficha polo Español de Barcelona por 20 millóns de pesetas. En 1981 ficha polo CD Castellón e posteriormente regresa ao Racing ferrolán para rematar a súa vida deportiva como xogador.

Como adestrador, foi segundo adestrador do Racing de Ferrol, adestrador substituto en caso de despedimentos do titular, e tamén adestrador do filial ou de categorías xuvenís do equipo.

O seu fillo Manuel Fernández Anidos tamén foi xogador de fútbol de primeiro nivel.