Alfonso Blanco Torrado
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 1950 (74 anos) Montevideo, Uruguai |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico , escritor |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Premios
| |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alfonso Blanco.
Alfonso Blanco Torrado, nado en Montevideo o 15 de marzo de 1950, é un sacerdote, ensaísta, mestre e dinamizador cultural galego residente en Guitiriz.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Seminario de Santiago de Compostela e na Universidade Pontificia de Salamanca.
Mestre no IES Poeta Díaz Castro e párroco en Guitiriz, é fundador e coordinador da Asociación Cultural Xermolos[2] e promotor do Festival Musical de Pardiñas.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- A ascensión dun poeta, Xosé María Díaz Castro, Fundación Caixa Galicia, Lugo, 1995, 143 páx., ISBN 84-89231-17-6 (gañador do Premio Literario Ánxel Fole).[4]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Xosé María Díaz Castro. Nimbos de luz, con Luís González Tosar e Armando Requeixo, 2014, Galaxia, ISBN 978-84-9865-533-9.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Recibiu os premios IAR de Folclore (1993), o Premio Literario Ánxel Fole e o Moncho Valcarce de Promoción da Terra (1996).[5] Asemade, foille adicado un Hectómetro literario no Paseo dos Soños vilalbés en 2019.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Galegos.info
- ↑ Asociación Cultural Xermolos
- ↑ El festival más obstinado El País 16/7/2010 (en castelán).
- ↑ Obra de Alfonso Blanco en Dialnet.
- ↑ "Irmandade Moncho Valcarce". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2016. Consultado o 01 de decembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia, T. 3, p. 327, Ir Indo Edicións, 2011, Vigo.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Música: perspectivas de promotores e produtores musicais Universidade de Vigo Televisión, 6/4/2011.