Carlos Asorey Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1950 Loño, España |
Morte | 2015 (64/65 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cineasta |
Lingua | Lingua galega |
Carlos Asorey Martínez, nado en Loño (Vila de Cruces) cara a 1950 e finado en 2015, foi un cineasta e cámara galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou en Madrid, onde se vinculou ao PCE. Marchou a Francia en 1974. En París frecuentou os ambientes galegos antifranquistas nucleados arrededor da asociación cultural O Toxo. Adquiriu formación cinematográfica como espectador na Cinemateca francesa e como cineasta na Universidade París-Diderot. Foi actor secundario en La hipótesis del cuadro robado (1978) do director chileno exiliado Raoul Ruiz. Filmou a emigración galega en París nos anos setenta. En 1979 presentou o seu documental Oficio de desterro na I Mostra de Cine das Nacionalidades e Rexións da Coruña.[1]
Retornou a Galicia en 1981 cun problema de saúde mental. Intentou seguir dedicándose ao cine e preparou guións como Documental para la ciudad de Compostela, pero non tivo acollida. Entrou a traballar como cámara na Televisión de Galicia en 1985.
Obras
[editar | editar a fonte]- A festa popular da montaña.
- Oficio de desterro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hoja Oficial del Lunes, 17-8-1979, p. 8.