Saltar ao contido

Estado non recoñecido: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
acepción 4ª de estado DRAG: maiúsculas.
Sen resumo de edición
Liña 13: Liña 13:
;[[Ficheiro:Flag of Somaliland.svg|border|23px]] [[Somalilandia|República de Somalilandia]], [[Somalia]]
;[[Ficheiro:Flag of Somaliland.svg|border|23px]] [[Somalilandia|República de Somalilandia]], [[Somalia]]
Situada entre [[Etiopía]], [[Djibuti]], [[Puntlandia]] e o [[Golfo de Adén]]. En maio de [[1991]], os clans declararon a República de Somalilandia, que inclúe cinco das dezaoito [[Rexións de Somalia|divisións administrativas de Somalia]].
Situada entre [[Etiopía]], [[Djibuti]], [[Puntlandia]] e o [[Golfo de Adén]]. En maio de [[1991]], os clans declararon a República de Somalilandia, que inclúe cinco das dezaoito [[Rexións de Somalia|divisións administrativas de Somalia]].

;[[Ficheiro:MNLA flag.svg|border|23px]] [[Azawad|Estado Independente de Azawad]], [[Malí]]
Situado no norte de [[Malí]]. O [[6 de abril]] de [[2012]] trala [[Rebelión tuareg de 2012|rebelión tuareg]] no norte de Malí, o [[Movemento Nacional de Liberación de Azawad|MNLA]] declararon a independencia do Estado Independente de Azawad, que incluía a rexión de maioría [[pobo tuareg|tuareg]] de Malí. O 14 de febreiro de 2013, o MNLA renunciou o seu obxectivo da independencia para Azawad e expresou o seu desexo de comezar negociacións co goberno de Malí sobre o seu status futuro.<ref>{{cita novas|url=http://www.aljazeera.com/news/africa/2013/11/mali-tuareg-fighters-end-ceasefire-2013113093234673103.html|título=Mali's Tuareg fighters end ceasefire|axencia=AlJazeera|data=30 de novembro de 2013|dataacceso=28 de decembro de 2013}}</ref><ref>{{cita novas|url=http://www.bbc.co.uk/news/world-africa-25161049|título=Tuareg separatist group in Mali 'ends ceasefire'|axencia=BBC|data=29 de novembro de 2013|dataacceso=28 de decembro de 2013}}</ref>


=== Recoñecidos por países sen recoñecemento pleno ===
=== Recoñecidos por países sen recoñecemento pleno ===

Revisión como estaba o 27 de setembro de 2023 ás 17:05

     Non recoñecidos por ningún estado      Recoñecidos só por non membros das Nacións Unidas      Non membro das Nacións Unidas recoñecido por algún estado membro      Membro das Nacións Unidas, non recoñecido polo menos por un estado

Un Estado non recoñecido é un territorio cuxa soberanía non está recoñecida internacionalmente a pesar de ser administrado parcial ou plenamente por algún organismo polo menos potencialmente autónomo.

As rexións son países na medida en que acollan os tres elementos que esixe para iso o Dereito Internacional: territorio, poboación e goberno autónomo. O recoñecemento por parte da Comunidade Internacional ten un efecto político e declarativo, pero a existencia dun Estado só depende da vontade da poboación dunha rexión determinada de constituírse como sociedade independente, consecuentemente, o concepto de "estado non recoñecido" non nega, estritamente, a súa existencia, senón que afirma que non recoñece a súa independencia ou soberanía por cuestións de política ou legalidade.

Estados

Sen ningún recoñecemento

Estas rexións teñen un Estado propio de facto, a pesar do cal están consideradas internacionalmente como parte dun país recoñecido. Un caso típico é o de etnias que declararon a súa independencia e gañaron a guerra, pero a súa soberanía é considerada ilexítima pola comunidade internacional.

República de Somalilandia, Somalia

Situada entre Etiopía, Djibuti, Puntlandia e o Golfo de Adén. En maio de 1991, os clans declararon a República de Somalilandia, que inclúe cinco das dezaoito divisións administrativas de Somalia.

Recoñecidos por países sen recoñecemento pleno

República de Artsakh, Acerbaixán

República declarada independente unilateralmente en 1991. Este territorio historicamente era a parte de Armenia que trala formación da URSS pasou a pertencer a Acerbaixán. Despois da caída da URSS, o pobo do Karabakh mediante un referendo proclamou a súa reunificación con Armenia, feito que non foi recoñecido por Acerbaixán. Dende entón Acerbaixán mantén un conflito armado co Alto Karabakh. Só está recoñecido por Abkhazia, Osetia do Sur e Transnistria.

República Moldova Pridnestroviana (Transnistria), Moldavia

Situada entre Moldavia e Ucraína, na parte exterior do Río Dnister. Declarada independente unilateralmente dende 1990, aínda que só está recoñecido por Abkhazia, Osetia do Sur e Artsakh, países de recoñecemento limitado. A maioría da poboación é eslava.

Recoñecido soamente por un país

República Turca do Norte de Chipre, Chipre

Declarada en Chipre do Norte en 1975 despois da invasión do terzo norte da illa polas forzas armadas turcas en 1974, que tivo lugar tralo golpe de estado levado a cabo por militares grego-chipriotas que pretendían a enose con Grecia. Declarou a súa independencia en 1983 e foi recoñecida soamente por Turquía. En 2004, o seu territorio era aceptado na UE como parte da República de Chipre.

Con recoñecemento limitado

A miúdo, os estados que a comunidade internacional non recoñece son produto das presións que fan países interesados no territorio. Tamén se da o caso de estados que se desdín do seu recoñecemento. (Ordenados de menor a maior número de países que os recoñecen):

República de Osetia do Sur

República declarada independente unilateralmente en 1991 de Xeorxia. Despois dun ano de guerra, proclamouse o alto ó fogo. En 2008 tivo lugar unha breve pero intensa guerra, na que Rusia interveu expulsando á invasión xeorxiana.

República de Abkhazia

Situada entre o mar Negro e o Cáucaso. É unha república declarada independente unilateralmente polos comunistas abkhazios en 1992. Cando se proclamou, estalou unha guerra, que finalizou dous anos despois. Dende entón, está fóra do control do goberno de Xeorxia.

Bandeira da República da China República da China (Taiwán)
  • Goberna a illa de Taiwán e algunhas outras illas pequenas dende que perdeu a guerra civil chinesa en 1949. Ademais perdeu a maioría do seu recoñecemento diplomático e o asento na ONU a mans da República Popular da China o 25 de outubro de 1971 pola resolución 2758 da Asemblea Xeral da ONU. Actualmente é recoñecida oficialmente por 23 estados.
  • 1911 (fundación), 1949 (retirada a Taiwán) → Recoñecido por 22 países máis a Santa Sé como lexítimo representante da China histórica.
Bandeira de Sáhara Occidental República Árabe Saharauí Democrática
Bandeira de Kosovo República de Kosovo

Con recoñecemento maioritario

Países cuxa lexitimidade histórica é discutida por outros países (en orde de menor a maior recoñecemento internacional):

Bandeira de Palestina Palestina
Bandeira de Israel Estado de Israel
  • 1948 → Non recoñecido por 32 países. 13 estados que o recoñecen non teñen relacións diplomáticas con este país.
Bandeira da China República Popular da China

Casos particulares de non recoñecemento

Bandeira de Armenia Armenia
Bandeira de Chipre República de Chipre
Bandeira de Corea do Norte República Popular Democrática de Corea (Corea do Norte)
Bandeira de Corea do Sur República de Corea (Corea do Sur)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos