Saltar ao contido

Marie Smith Jones: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «durantes»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Alaska»
 
Liña 5: Liña 5:
Filla dun mariñeiro, Marie Jones (o seu nome de solteira) traballou dende os 12 anos nunha planta de envasado de [[conserva]]s. Casou cun mariñeiro, William F. Smith, o [[5 de maio]] de [[1948]], falante unicamente de [[lingua inglesa|inglés]] e tivo nove fillos, dos que a sobreviviron sete. Porén, non lles aprendeu a falar o eyak a ningún deles. Nos anos setenta mudouse a vivir a Anchorage, e deixou de ter contacto co contorno de poucos falantes que quedaban de eyak. En [[1990]] faleceu o seu último irmán, e dende aquela non volveu ter contacto con falantes nativos do eyak, e falou a súa lingua unicamente con lingüistas.

Durante os últimos anos dedicouse ao traballo de gardar e rexistrar a lingua eyak canda o lingüista [[Michael Krauss]], que é o autor do dicionario e da gramática de eyak. Tamén se dedicou a labores ecoloxistas, de protección do medio ambiente de Alaska, e de reivindicación das linguas e culturas indíxenas de [[Norteamérica]], motivo que a levou a falar nas [[Nacións Unidas]] en dúas ocasións. Morreu de causas naturais con 89 anos.
Durante os últimos anos dedicouse ao traballo de gardar e rexistrar a lingua eyak canda o lingüista [[Michael Krauss]], que é o autor do dicionario e da gramática de eyak. Tamén se dedicou a labores ecoloxistas, de protección do medio ambiente de Alasca, e de reivindicación das linguas e culturas indíxenas de [[Norteamérica]], motivo que a levou a falar nas [[Nacións Unidas]] en dúas ocasións. Morreu de causas naturais con 89 anos.

Foi nomeada xefa de honra dos [[pobo eyak|eyak]], e tíñase por ser a última persoa con sangue completamente eyak.<ref name=Last>Mary Pemberton, [http://www.adn.com/news/alaska/ap_alaska/story/290934.html "Last full-blooded Eyak and fluent speaker of Native language dies"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20080128083759/http://www.adn.com/news/alaska/ap_alaska/story/290934.html |date=28 de xaneiro de 2008 }}, [[Associated Press]], 22.01.2008.</ref>

Revisión actual feita o 3 de abril de 2023 ás 11:06

Infotaula de personaMarie Smith Jones
Nome orixinal(eya) Udach' Kuqax*a’a’ch Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de maio de 1918 Editar o valor em Wikidata
Cordova, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xaneiro de 2008 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Anchorage, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua eyak Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 24124076 Editar o valor em Wikidata

Marie Smith Jones nada en Cordova (Alasca) o 14 de maio de 1918 e finada en Anchorage o 21 de xaneiro de 2008, foi a última falante activa de eyak, unha lingua de Alasca.

O seu nome en eyak era Udach' Kuqax*a'a'ch, que significaba un son que chama pola xente dende lonxe.[1] Filla dun mariñeiro, Marie Jones (o seu nome de solteira) traballou dende os 12 anos nunha planta de envasado de conservas. Casou cun mariñeiro, William F. Smith, o 5 de maio de 1948, falante unicamente de inglés e tivo nove fillos, dos que a sobreviviron sete. Porén, non lles aprendeu a falar o eyak a ningún deles. Nos anos setenta mudouse a vivir a Anchorage, e deixou de ter contacto co contorno de poucos falantes que quedaban de eyak. En 1990 faleceu o seu último irmán, e dende aquela non volveu ter contacto con falantes nativos do eyak, e falou a súa lingua unicamente con lingüistas.

Durante os últimos anos dedicouse ao traballo de gardar e rexistrar a lingua eyak canda o lingüista Michael Krauss, que é o autor do dicionario e da gramática de eyak. Tamén se dedicou a labores ecoloxistas, de protección do medio ambiente de Alasca, e de reivindicación das linguas e culturas indíxenas de Norteamérica, motivo que a levou a falar nas Nacións Unidas en dúas ocasións. Morreu de causas naturais con 89 anos.

Foi nomeada xefa de honra dos eyak, e tíñase por ser a última persoa con sangue completamente eyak.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Elizabeth Kolbert, "Last Words" Arquivado 08 de febreiro de 2008 en Wayback Machine., The New Yorker, 06.06.2005.
  2. Mary Pemberton, "Last full-blooded Eyak and fluent speaker of Native language dies" Arquivado 28 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine., Associated Press, 22.01.2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]